Benvidos e benvidas á escola infantil
"AS FILLOTIÑAS"
"As Marías"
María Iglesias Barros e María Ramonet Lago: as Marías.
As Fillotiñas é froito da posta en común entre dúas mulleres. Dúas amigas que, entre moitas outras cousas, comparten a ilusión de poder deixar pegada con pasiños pequeniños. O proxecto nace das necesidades da contorna, pero tamén das nosas propias; pois ambas necesitabamos un cambio de rumbo e o punto de partida foi o “fillote”, que nos deu perspectiva.
Así, aínda que non sabiamos que este era o noso camiño, pouco a pouco os acontecementos e as circunstancias nos foron levando a el e, como se dun puzzle se tratara, as pezas ían encaixando.
Agora vémolo claro: este é o noso lugar. Deste xeito, o que hai 2 anos comezou coma unha quimera, meses despois, sen querelo, tiña nome e hoxe é unha realidade.
Cargamos a maleta con medos, ganas e ilusión e, como se foramos exploradoras en Cangurolandia, embarcámonos nesta viaxe que é “As fillotiñas”, esperando que sexan moitas as persoas que queiran vir camiñar con nós.
As intalacións da nosa escola están deseñadas para que os nenos e nenas de cada grupo dispoñan de aulas diferenciadas, todas elas equipadas e adaptadas ás diferentes idades das crianzas que as utilizan, fomentando o seu desenvolvemento integral e autonomía. A Escola conta con amplos espazos dotados de grandes fiestras que proporcionan luz natural durante todo o día.
-
3 aulas para un máximo de 41 nenos e nenas distribuídas por idades. Todas coas súas respectivas zonas de hixiene e descanso.
-
Patio exterior con zona cuberta,
-
Sala polivalente, para actividades de psicomotricidade, obradoiros, comedor e diferentes propostas.
-
Zona destinada ao equipo docente.
-
Zona de lactancia.
-
Cociña office.
-
Zona de recepción e aparcadoiro de carros.
-
Renovación de aire continua: introducindo o aire exterior a través de filtros especiais e sacando o aire viciado, para manter os espacios libres de polen, CO2 e demáis impurezas.
Qué é as fillotiñas? Fillotiñas é un proxecto educativo que ten como obxectivo a creación dunha escola que ofreza aos nenos/as un ensino de calidade que respete os seus ritmos, necesidades e características persoais.
As nosas señas de identidade son:
- Educación Respectuosa: os nenos/as precisan desenvolverse nun clima de afectividade e cariño, polo que é imprescindible que as persoas que os acompañamos sexamos para eles/as figuras de apego seguro. Para construir este vínculo é importante a presenza, a escoita, o respecto e tamén os momentos de alegría e xogo compartido.
- Aprendizaxe vivencial: é aquel que se dá a través das propias vivencias, da observación, experimentación e o xogo. Neste sentido a disposición do espacio invita ao movemento e á total autonomía, o uso de materiais desestruturados incitan o desenvolvemento da creatividade e as diferentes propostas espertarán máis a curiosidade e motivación por investigar a través dos diferentes sentidos.
- Apertura ao contorno:
- En relación ás familias, abrindo as portas para que todos/as participen do noso día a día e establecer así unha relación familia-escola fluída que favoreza o proceso de desenvolvemento das crianzas.
- En relación á nosa contorna: saíndo á rúa e participando da vida da vila.